
Testimonios dos nosos asociados
A asociación é fundamental no crecemento do noso pobo.
¡Gracias por as actividades que realizades!
SECTOR HOSTELERÍA
.
Sempre comprometidos con que a cidadanía se conciencie do importante que é mercar en Celanova.
¡É un honor ser parte de Celanova Chea!
SECTOR COMERCIO
.
Gracias a Celanova Chea, as nosas empresas están máis unidas.
¡Xuntos somos mais fortes!
SECTOR EMPRESAS
.


CENTRO COMERCIAL ABERTO
Coñece os próximos eventos!
"MERCADO DE NADAL"
Co obxectivo de activar as compras de Nadal e de atraer novos visitantes a vila, este ano Celanova CHEA, reabriu o mercado de abastos, despois de tres anos pechado.
Un mercado polo que pasaron arredor de máis de 50 empresas e autónomos.
O mercado estivo cumprimentado con: Cine de Nadal, 12 Obradoiros de actividades diferentes para cativos e maiores, conta contos de nadal, música en directo e moitas mais actividades.
"III Mercado CON M DE MULLER"
Dándolle continuidade a unha actividade que dende fai anos, realizamos un mercado promovido por mulleres emprendedoras de Celanova.
Este mercado contou con mais de 20 postos instalados que comercializaron e expoñen os seus proxectos comerciais,
tanto de comercio coma de hostalaría e empresas no mercado de abastos de Celanova, novamente aberto con ocasión do 8M.
Complementariamente, tivemos música en directo coa cantante Local Iría González e acompañounos a batucada Vilatuke.
"I FESTA DO OUTONO"
A campaña consistiu nun fin de semana completo de actividades dirixidas a dar visibilidade ao conxunto dos asociados participantes e a e impulsar as compras.
Tivemos música en directo, coas pandereteiras "Celavella", co Grupo "Lembranza Solpor" coa batucada "Vilatuke", co DJ "SULA" e co Guitarrista "Milo".
Toda A fin de semana foi o concurso de "Pinchos Da Miña Terra".
O sábado, pola mañan, fixemos un Obradoiro de comida Otoñal na Praza de abastos, pola tarde houbo unha xornada de desfiles no Claustro Barroco, no que contamos con concurso de novos talentos, e no que tamén tivemos unha homenaxe a antigos asociados.
Grazas a tod@s os que participas-tedes!


